martes, 28 de octubre de 2014

Benvida



BENVIDOS ao PROXECTO ESCOLA SAUDABLE do colexio Padre Feijoo-Zorelle en Ourense!

Esta iniciativa xorde como unha proposta do departamento de Orientación e Educación Física, a partir das seguintes constatacións:
  • A detección de aspectos mellorables en relación cos estilos de vida do alumnado e amén no referente ás relacións interpersoais entre o alumnado e entre alumnado e profesorado;
  • A necesidade de integrar nun proxecto común as diferentes actividades relacionadas coa saúde levadas a cabo no centro. 
  • A importancia de articular un plan de actuación común derivado do proxecto. 
Así, o Consello Escolar ven de aprobar, por unanimidade, a incorporacion dun un proxecto de PES no marco do Proxecto Educativo do Centro a partir deste curso escolar 2014/2015.
    A referencia tómase do programa Si! (Saúde Integral) iniciada neste centro no curso academíco 2012-2013 cos alumos de Educación Infantil proposto polo Concello de Ourense. 

    Cal é a finalidade?

    A finalidade última do proxecto é fomentar que o alumnado asuma o control e a responsabilidade da súa saúde como un compoñente importante da súa vida diaria, influído sobre os factores que a determinan e propiciando, dende unha actitude flexible, a adquisición de estilos de vida saudables. Para iso, procuramos:
    • Potenciar a saúde en todos os grupos que conforman a comunidade educativa, de modo que esta adopte e promova modos de vida saudables e avance en logran un ambiente favorable á saude. 
    • Favorecer o desenvolvemento persoal do alumnado, incidinco de modo especial nas relacións satisfactorias e sen conflictos. 
    • Mellorar as capacidades eduativas das familias, mediante a oferta dunha escola de pais e nais o máis próxima posible á poboación en situación de maior vulnerabilidade. 
    • Proporcionar formación e asesoramento axueitados ao profesorado. 
    Materias implicadas


    Publicaremos periodicamente novas xerais para todos os niveis incluídos no proxecto así como información por niveis.

    Grazas pola vosa visita!