Nesta actividade
propúxenlles os alumnos que cada un realizase unha poesía para cada froita. A
continuación que escribiran a poesía inventada por eles na cartolina, coa cor da froita que lle
correspondera e logo que a recortaran coa forma que eles quixeran.
A seguir,
mandeille a cadanseu que recitase a súas poesías e que foran repetindo frase
por frase todos alumnos e intentando que ao mesmo tempo a memorizasen xogando
coas palabras e para finalizar terán que adiviñara os demais compañeiros a que
froita nos estamos a referir.
E para concluír e de dicir
que gustoume moito como participaron nesta actividade, posto que repetir as
poesías dos compañeiros vocalizaban perfectamente e non tiñan ningún problema
para dicir con exactitude a que froita nos estabamos a referir.
O
pasado luns día 6/04/2015 durante a clase de 4º de Educación Infantil como PT
realizouse a seguinte actividade: “VIDEO DAS FROITAS”
Antes de comezar co vídeo
realiceilles un repaso para observar que coñecementos tiñan adquiridos ata
agora, e deste xeito mostraríalles un vídeo máis doado ou outro máis complexo.
Logo como
vin que soamente coñecían as froitas tradicionais decidín pórlles un vídeo onde
figurasen as froitas tradicionais e as froitas tropicais. Este día realiceille
esta actividade na aula, onde no vídeo había un paiaso que lles ía explicando
como se chamaba cada froita e os nenos de 3 anos ían repetindo as froitas en
voz alta. O mesmo tempo, nesta actividade intentei que os nenos tivesen máis
interese polas froitas, xa que os nenos ían decindo as froitas que lles
gustaban ou comeran este día.
E para concluír,
pareceume unha actividade que busca os coñecementos conceptuais e actitudinais,
xa que intenta transmitir os alumnos unha actitude de respecto e o mesmo tempo
despertarlle un interese cara as froitas tradicionais e tropicais. E así de
forma inconsciente, os nenos pedirían na casa comer máis froita tendo así unha
alimentación máis san que é a finalidade desta actividade.
O
venres día 16/01/2015 na clase de apoio
de lengua castelá, os alumnos de 1º de Educación Primaria realizaron a seguinte
actividade coa profesora de PT: “AS CORES DAS FROITAS”
Esta actividade resultou especialmente entretida para eles, xa que inicialmente comezaron a citar tódalas froitas que lle ía mostrando no mural, e posteriormente foron seleccionando cada froita coa súa cor e o mesmo tempo coa axuda deles fun colocándoas nas súas respectivas cartolinas. Incluso eu lles bromeaba se era desa cor e nese sentido eles sabían perfectamente cales eran as súas respectivas cores.
A nivel xeral fóronas identificando perfectamente tódalas froitas de uso frecuente, mentres que o aguacate, a papaia e o caqui como non son de uso moi habitual non sabían nin como se chamaba e incluso lles custaba pronuncialos.
O fin da actividade para observar se os alumnos entenderon a actividade, realiceille unha actividade a modo de repaso. Onde lles escribín no taboleiro cinco froitas dun lado e cinco cores doutro lado, no que tiñan que unir cada froita coa súa respectiva cor.
E para concluír, pareceume unha actividade positiva cara a alimentación saudable, que ademais pode ser divertida.
O pasado luns día 13/10/2014 na clase de apoio de matemáticas, un neno de 1º de Educación Primaria realizou a seguinte actividade: “XOGUEMOS COAS MATEMÁTICAS E AS FROITAS”
Esta actividade resultou especialmente entretida para eles, xa que inicialmente comezaron a citar tódalas froitas que lle ía mostrando no mural, e posteriormente foron seleccionando cada froita coa súa cor e o mesmo tempo coa axuda deles fun colocándoas nas súas respectivas cartolinas. Incluso eu lles bromeaba se era desa cor e nese sentido eles sabían perfectamente cales eran as súas respectivas cores.
A nivel xeral fóronas identificando perfectamente tódalas froitas de uso frecuente, mentres que o aguacate, a papaia e o caqui como non son de uso moi habitual non sabían nin como se chamaba e incluso lles custaba pronuncialos.
O fin da actividade para observar se os alumnos entenderon a actividade, realiceille unha actividade a modo de repaso. Onde lles escribín no taboleiro cinco froitas dun lado e cinco cores doutro lado, no que tiñan que unir cada froita coa súa respectiva cor.
E para concluír, pareceume unha actividade positiva cara a alimentación saudable, que ademais pode ser divertida.
O
pasado luns día 12/01/2015 na clase de
apoio, un neno de 1º de Educación Primaria realizou a seguinte actividade coa
profesora de PT: “COÑECEMOS AS FROITAS”.
En primeiro lugar, dinlle ó alumno de apoio
unhas follas de publicidade de diversos supermercados nas que tiña como
obxectivo atopar imaxes de froitas. Desta maneira el mesmo, tiña que recortar e seguidamente facer unha
posta en común daquelo que atopou. Despois pegouno na ficha que lle facilitei,
a cal tiña catro caixas nas que o alumno debía meter en cada caixa unha froita
diferente e intentar encher as caixas o máximo posible. Ademais, deixóuselle vía
libre ao gusto artístico do alumno, xa que podía combinar as imaxes como desexase.
Con esta actividade intentase lograr que o
alumno identifique ben o concepto de froita e o mesmo tempo, de unha forma
inconsciente, faise que se introduza a froita na súa vida diaria.O pasado luns día 13/10/2014 na clase de apoio de matemáticas, un neno de 1º de Educación Primaria realizou a seguinte actividade: “XOGUEMOS COAS MATEMÁTICAS E AS FROITAS”
Antes de realizar a actividade pregunteille o
alumno cales eran os colores das froitas. A continuación debuxeille no
taboleiro un círculo e un triángulo, e funlle preguntando que forma tiña cada
froita.
A seguir, dinlle unha ficha dunha serie de
froitas na que tiña que colorear as froitas segundo o cor que lle correspondese.
E desta maneira, aproveitando que estaba
xogando coas matemáticas, ensinóuselle os diferentes ámbitos de esta materia.
Preténdese con esta actividade, introducir a
froita na súa vida diaria e facer dela un momento cotiá co que teña un contacto
constante.
O
pasado luns día 6/10/2014 durante a clase de PT realizouse a seguinte
actividade: “SOBREMESAS SAUDABLES: AS FROITAS”
Hoxe en
día, os nenos adoitan negarse a comer froita e, especialmente, a probar e
consumir distintos tipos. Por esta razón, considero que como docente, débese
fomentar a súa introdución na alimentación. E pensei que o mellor sería
falarlles na aula das froitas. Deste xeito intentarei lograr, que os nenos traian
na hora da merenda froitas; en vez de comer lambetadas, que proporcionen exceso
de azucre e graxas. Nesta actividade das froitas, en primeiro
lugar, realiceilles unha visita imaxinaria a froitería, onde lles ensinei os
nenos as froitas mais coñecidas. Como método de captación da súa atención, antes de mostrarlles o conto, díxenlles os
nenos, que lles ía mostrar unha comida moi rica que poden comer tódolos días,
incluso en varias ocasións.
Unha vez espertada a
curiosidade ensineilles a serie lóxica do conto. E entre todos os alumnos foron
construíndo o conto dunha forma imaxinaria. Neste intre, será o momento da expresión oral libre na que se debe
crear un ambiente de escoita e respecto polo turno de palabra.
E a continuación conteilles
o conto da “merenda dos osiños lambóns”, a medida que lles ía contando o conto
íalles mostrando a serie lóxica do conto para que eles así vaian prestando máis
atención e ó mesmo tempo vaian facendo unha idea do que lles ía contando. Ao
rematar fíxenlles unhas preguntas para comprobar a comprensión do conto.
E finalmente, pareceume
unha actividade que busca non só os coñecementos conceptuais, senón unha
actividade positiva cara a alimentación saudable, que ademais pode ser
divertida e o mesmo tempo saborosa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario