6 DE ABRIL: CHARLA DA CONSELLERIA DE SANIDADE
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
26 DE XANEIRO: DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
Obxectivos da Educación Ambiental:
XORNADAS DE NUTRICIÓN NA PRENSA
1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O SIDA
22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA
20 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DO NENO
16 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A TOLERANCIA
11 DE NOVEMBRO: O MAGOSTO E AS CASTAÑAS
31 DE OUTUBRO: HALLOWEEN E AS CABAZAS
16 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
O pasado 13 de Abril, a Consellería de Sanidade, con motivo do concurso "Clases sen fume" dirixiu unha charla sobre o tabaquismo: problemas, composición, evolución da publicidade, métodos de engaño, etc.
Ao remate os alumnos puideron comprobar a través das coxometrías o seu nivel de monóxido de carbono.
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Cada 8 de marzo conmemórase a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e por conseguir o seu desenvolvemento íntegro! O longo da historia moitas mulleres tiveron que superar obstáculos para acadar os mesmos dereitos que os homes, e aínda hoxe en día, en moitos países distan moito de estar equiparadas a eles.
Con motivo desta conmemoración, Noelia Varela e Raquel Montes, do Proxecto Ciencia Activa- Padre Feijoo-Zorelle cóntannos neste podcast a presencia das mulleres na ciencia ao longo da historia.
Non deixedes de escoitalo. Feliz día!
Non deixedes de escoitalo. Feliz día!
30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o:
Día Escolar da Non Violencia e da Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz.
Día Escolar da Non Violencia e da Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993.Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos dereitos humanos, a non-violencia e a paz.
O lema deste día é:
'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a no-violencia é melor que a violencia e a paz é mellor que a guerra'.
Para conmemorar este día, os nenos de infantil e primaria formaron un gran símbolo humano.
¡Feliz día a todos!
26 DE XANEIRO: DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL
Desde o ano 1975 cada 26 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Educación Medioambiental. A Educación Ambiental é un proceso dinámico e participativo, que busca espertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental a nivel mundial e tamén a nivel específico no entorno no que vivimos.
Obxectivos da Educación Ambiental:
- Tomar conciencia sobre os problemas do medio ambiente.
- Adquirir coñecementos básicos do medio ambiente e da función da humanidade nel.
- Desenvolver actitudes para adquirir valores sociais e de profundo interese por o medio ambiente.
- Desenvolver aptitudes para adquirir habilidades para resolver problemas ambientais.
- Activar a capacidade de avaliación das medidas e programas de educación ambiental en función dos factores ecolóxicos, sociais, educativos.
- Promover a participación das persoas e grupos sociais no desenvolvemento do sentido de responsabilidade e tomar conciencia dos problemas ambientais.
XORNADAS DE NUTRICIÓN NA PRENSA
O xornal escolar de La Región fíxose eco do obradoiro de cociña saudable organizado pola Concellería de educación no que participaron alumnos da ESO e bacharelato do centro.
Aproveitamos para agradecer á concellería de educación a organización destas xornadas, que axudan a promover hábitos de vida saudables entre os adolescentes.
Podes ler a noticia en formato electrónico facendo clic AQUÍ.
1 DE DECEMBRO: DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O SIDA
Dende 1988, cada 1 de decembro conmemórase O Día Internacional da Acción contra a Sida para dar a coñecer os avances contra a pandemia de VIH/sida causada pola extensión da infección do VIH.
22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA
A música é unha das linguaxes máis universais, capaz de transmitir todo
tipo de emocións e de sentimentos. Conscientes da importancia que a música ten
á hora de levar unha vida saudable e plena, os alumnos de primaria e secundaria
celebraron o día da música entre instrumentos, cancións e pezas musicais.
Os alumnos do proxecto CIENCIA ACTIVA cóntannos neste podcast os beneficios da música para o desenvolvemento
integrar da persoa:
20 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DO NENO
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día mundial do neno, unha data consagrada
á fraternidade e á comprensión entre os nenos do mundo e destinada a
actividades para a promoción do benestar e dos dereitos do neno.
En breve publicaremos na diferentes seccións deste blog, actividades
levadas a cabo no centro para celebrar esta data tan sinalada.
Para saber máis, visita á páxina da ONU facendo clic AQUÍ.
16 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A TOLERANCIA
O 16 de Novembro de 1995 os países membros da UNESCO
adoptaron a Declaración de Principios para a Tolerancia . Un ano despois , a
Asamblea Xeral invitou aos Estados membros a que cada 16 de Novembro se
celebrase o Día Internacional para a Tolerancia
A tolerancia é a base máis firme da paz e da
reconciliación, podemos fomentala coa comprensión e o respecto entre culturas
dende as escolas ata os gobernos.
A tolerancia apréndese, non só é saber convivir senón
tamén poder resolver conflictos mediante o diálogo, sempre cunha actitude
asertiva.
Con motivo desta conmemoración, os alumnos do proxecto Ciencia Activa entrevistaron á orientadora do centro, María José Otero, quen explicoulles a importancia deste valor para a convivencia.
Podes escoitar a entrevista a continuación:
11 DE NOVEMBRO: O MAGOSTO E AS CASTAÑAS
Como é ben sabido, cada 11 de novembro celebráse o Día de San Martiño, patrono da nosa cidade. Os ourensáns celebramos unha das festas populares que máis nos caracterizan, o Magosto. Acendemos o lume en fogueiras ou fornos e asamos un dos regalos máis prezados do outono: a castaña.
Sabíades que as castañas, ademáis de estar boísimas, aportan moitos beneficios para a saúde. Se queres saber cales son ese beneficios, consulta a última entrada da sección de inglés neste blog facendo clic AQUÍ.
Tamén podes escoitar o podcast en inglés "Health benefits of chestnuts" a continuación:
31 DE OUTUBRO: HALLOWEEN E AS CABAZAS
A noite do 31 de outubro celebráse a festividade de orixe celta coñecida como Halloween ou Samaín, a véspera do día de Todos os Santos no calendario cristián e do Ano Novo no calendario celta. Como ben é sabido, un dos emblemas desta festividade é a cabaza tallada con forma de cabeza e cunha vela acendida, símbolo da vida. Pero...a parte de elemento simbólico, é a cabaza un alimento saudable?
A resposta é un claro SÍ!!
Se queres saber cales son os beneficios da cabaza, visita a sección ENGLISH neste blog facendo clic AQUÍ.
16 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Hoxe é o Día Mundial da Alimentación, unha iniciativa da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) cuxa finalidade é "concienciar aos pobos do mundo sobre o problemaalimentario mundial e fornecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza".
Para destacar a importancia deste día, os alumnos de 1º de BAC entrevistaron á coordinadora do programa de súade integral (SI) que estáse a levar a cabo no centro en educación infantil. A entrevista destaca a importancia de adquirir hábitos alimenticios saudables de forma responsable e sustentable.
Velaquí o audio da entrevista:
No hay comentarios:
Publicar un comentario