TRABALLAMOS A LECTOESCRITURA
COAS FROITAS
O pasado martes 18 de novembro, nunha sesión de Audición e Linguaxe, algúns dos alumnos e alumnas de Primeiro de Educación Primaria practicaron a lectoescritura formando nomes de froitas con letras manipulables escritas en papel branco.
Primeiramente,repasaron con rotuladores as vogais de vermello e as consoantes de cor azul e ,despois, formaron sobre a mesa os diferentes nomes de froitas que saían da combinación das distintas letras.A continuación, formaron as palabras co seu propio corpo suxeitando cada letra coas mans.
A continuación, fixemos unha pequena asamblea onde se fixeron preguntas sobre as froitas da actividade e sobre outras tamén coñecidas polos nenos e nenas.Tamén comentamos os beneficios do consumo de froita para a nosa saúde.
Foi unha actividades moi enriquecedora e productiva que conectou perfectamente o traballo das froitas e os seus beneficios coa lectoescritura.
TRABALLAMOS A MORFOSINTAXE CÓS
NOMES DE VERDURAS E HORTALIZAS
O pasado martes 9 de decembro,dous alumnos de Audición e Linguaxe do primeriro curso de Educación Primaria traballaron a morfosintaxe na aula realizando unha actividade consistente en unir significante e significado de diferentes verduras e hortalizas.
Posteriormente, construíron oracións de maneira oral de catro ou cinco elementos coas palabras traballadas.
DECÁLOGO DOS HÁBITOS SAUDABLES
O pasado martes día 3 de marzo dous nenos da aula de Audición e Linguaxe con dificultades de aprendizaxe e de linguaxe construíron un bonito décalogo con dez hábitos saudables que calquera neno ou nena debe ter en conta no seu día a día como ter unha boa alimentación,facer exercicio físico de manera regular ou ter una hixiene corporal adecuada.Os obxectivos desta actividade foron os de traballar o proceso de textualización da escritura( que permite converter as ideas en linguaxe) a través do tema transversal dos hábitos saudables nos nenos,ademais do traballo de aspectos ortográficos e caligráficos.
O TRABALLO DA RESPIRACIÓN NA
AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
A respiración é un dos aspectos que máis traballamos na aula de Audición e Linguaxe para levar a cabo intervencións eficaces en diferentes trastornos de fala e linguaxe: dislalias, disfemias, retraso da fala, dislexia, disfasia...
O traballo neste aspecto ten como principal obxectivo afianzar unha boa respiración con dous movementos importantes separados por unha pequena pausa: inspiración, pausa e espiración. Isto contribúe a conseguir unha adecuada coordinación fonorrespiratoria para alcanzar a sincronización entre a fala e a emisión do aire espirado.
Ter unha boa respiración non só ten beneficios na emisión da fala senón que tamén ten outros moitos na nosa saúde tales como: reducción do esforzo do corazón e a tensión arterial, incremento do número de glóbulos vermellos, aumento da capacidade do organismo de asimilar e dixerir os alimentos, mellora do funcionamento do sistema nervoso parasimpático ou mellora da elasticidade dos pulmóns.
Sen decatarnos, ás veces adquirimos malos hábitos á hora de respirar que inflúen negativamente na nosa saúde producindo unha disminución da capacidade pulmonar e torácica, sequedade na boca, dixestión pesada e irregular ou sensación de cansanzo.
Aquí vos deixo algúns dos exercicios de respiración e sopro que realizo cos nenos e nenas de Audición e Linguaxe nas intervencións de fala e linguaxe:
-Inspiración nasal lenta e profunda.Retención do aire 2 ou 3 segundos.Espiración bucal lenta cos labios casi xuntos.
-Inspiración nasal lenta e profunda.Retención do aire.Espiración lenta silbando suavemente.
-Encendemos unha vela colocada a 25 cm.Tomar aire polo nariz e soprar a vela sen apagala,facendo que a chama se mova suavemente e o sopro disminuirá de intensidade para non apagala.
-Soprará unha pelota de ping-pong facendo que esta se desprace lentamente.Realizará previamente a inspiración nasal.
-Inspiración nasal lenta e profunda.Retención do aire. Espiración bucal lenta en 3 ou 4 tempos.
-Soprar molinetes de vento facendo que xiren rapidamente con inspiracións profundas e sopros fortes e cortos.
-Colocar unha tira de papel fronte á boca do neno a uns 7 cm.Tras unha inspiración lenta soprará suavemente sobre aquela observando o movemento lento da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario