PT

O pasado luns día 10/04/2015 na clase  de apoio de lingua castelá, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron a seguinte actividade: “AS POESÍAS DAS FROITAS
Nesta actividade propúxenlles os alumnos que cada un realizase unha poesía para cada froita. A continuación que escribiran a poesía inventada por eles na  cartolina, coa cor da froita que lle correspondera e logo que a recortaran coa forma que eles quixeran.
 
A seguir, mandeille a cadanseu que recitase a súas poesías e que foran repetindo frase por frase todos alumnos e intentando que ao mesmo tempo a memorizasen xogando coas palabras e para finalizar terán que adiviñara os demais compañeiros a que froita nos estamos a referir.
E para concluír e de dicir que gustoume moito como participaron nesta actividade, posto que repetir as poesías dos compañeiros vocalizaban perfectamente e non tiñan ningún problema para dicir con exactitude a que froita nos estabamos a referir.
 
O pasado luns día 6/04/2015 durante a clase de 4º de Educación Infantil como PT realizouse a seguinte actividade: “VIDEO DAS FROITAS
Antes de comezar co vídeo realiceilles un repaso para observar que coñecementos tiñan adquiridos ata agora, e deste xeito mostraríalles un vídeo máis doado ou outro máis complexo.

 
Logo como vin que soamente coñecían as froitas tradicionais decidín pórlles un vídeo onde figurasen as froitas tradicionais e as froitas tropicais. Este día realiceille esta actividade na aula, onde no vídeo había un paiaso que lles ía explicando como se chamaba cada froita e os nenos de 3 anos ían repetindo as froitas en voz alta. O mesmo tempo, nesta actividade intentei que os nenos tivesen máis interese polas froitas, xa que os nenos ían decindo as froitas que lles gustaban ou comeran este día.
E para concluír, pareceume unha actividade que busca os coñecementos conceptuais e actitudinais, xa que intenta transmitir os alumnos unha actitude de respecto e o mesmo tempo despertarlle un interese cara as froitas tradicionais e tropicais. E así de forma inconsciente, os nenos pedirían na casa comer máis froita tendo así unha alimentación máis san que é a finalidade desta actividade.

O venres día 16/01/2015 na clase  de apoio de lengua castelá, os alumnos de 1º de Educación Primaria realizaron a seguinte actividade coa profesora de PT: “AS CORES DAS FROITAS
Esta actividade resultou especialmente entretida para eles, xa que inicialmente comezaron a citar tódalas froitas que lle ía mostrando no mural, e posteriormente foron seleccionando cada froita coa súa cor e o mesmo tempo coa axuda deles fun colocándoas nas súas respectivas cartolinas. Incluso eu lles bromeaba se era desa cor e nese sentido eles sabían perfectamente cales eran as súas respectivas cores.
A nivel xeral fóronas identificando perfectamente tódalas froitas de uso frecuente, mentres que o aguacate, a papaia e o caqui como non son de uso moi habitual non sabían nin como se chamaba e incluso lles custaba pronuncialos.
O fin da actividade para observar se os alumnos entenderon a actividade, realiceille unha actividade a modo de repaso. Onde lles escribín no taboleiro cinco froitas dun lado e cinco cores doutro lado, no que tiñan que unir cada froita coa súa respectiva cor.
E para concluír, pareceume unha actividade positiva cara a alimentación saudable, que ademais pode ser divertida.


 
O pasado luns día 12/01/2015 na clase  de apoio, un neno de 1º de Educación Primaria realizou a seguinte actividade coa profesora de PT: “COÑECEMOS AS FROITAS”.
En primeiro lugar, dinlle ó alumno de apoio unhas follas de publicidade de diversos supermercados nas que tiña como obxectivo atopar imaxes de froitas. Desta maneira  el mesmo,  tiña que recortar e seguidamente facer unha posta en común daquelo que atopou. Despois pegouno na ficha que lle facilitei, a cal tiña catro caixas nas que o alumno debía meter en cada caixa unha froita diferente e intentar encher as caixas o máximo posible. Ademais, deixóuselle vía libre ao gusto artístico do alumno, xa que podía combinar as imaxes como desexase. Con esta actividade intentase lograr que o alumno identifique ben o concepto de froita e o mesmo tempo, de unha forma inconsciente, faise que se introduza a froita na súa vida diaria.
O pasado luns día 13/10/2014 na clase  de apoio de matemáticas, un neno de 1º de Educación Primaria realizou a seguinte actividade: “XOGUEMOS COAS MATEMÁTICAS E AS FROITAS
Antes de realizar a actividade pregunteille o alumno cales eran os colores das froitas. A continuación debuxeille no taboleiro un círculo e un triángulo, e funlle preguntando que forma tiña cada froita.
A seguir, dinlle unha ficha dunha serie de froitas na que tiña que colorear as froitas segundo o cor que lle correspondese.
E desta maneira, aproveitando que estaba xogando coas matemáticas, ensinóuselle os diferentes ámbitos de esta materia.
Preténdese con esta actividade, introducir a froita na súa vida diaria e facer dela un momento cotiá co que teña un contacto constante. 
 
 O pasado luns día 6/10/2014 durante a clase de PT realizouse a seguinte actividade: “SOBREMESAS SAUDABLES: AS FROITAS

Hoxe en día, os nenos adoitan negarse a comer froita e, especialmente, a probar e consumir distintos tipos. Por esta razón, considero que como docente, débese fomentar a súa introdución na alimentación. E pensei que o mellor sería falarlles na aula das froitas. Deste xeito intentarei lograr, que os nenos traian na hora da merenda froitas; en vez de comer lambetadas, que proporcionen exceso de azucre e graxas. Nesta actividade das froitas, en primeiro lugar, realiceilles unha visita imaxinaria a froitería, onde lles ensinei os nenos as froitas mais coñecidas. Como método de captación da súa atención,  antes de mostrarlles o conto, díxenlles os nenos, que lles ía mostrar unha comida moi rica que poden comer tódolos días, incluso en varias ocasións.
Unha vez espertada a curiosidade ensineilles a serie lóxica do conto. E entre todos os alumnos foron construíndo o conto dunha forma imaxinaria. Neste intre, será  o momento da expresión oral libre na que se debe crear un ambiente de escoita e respecto polo turno de palabra.
E a continuación conteilles o conto da “merenda dos osiños lambóns”, a medida que lles ía contando o conto íalles mostrando a serie lóxica do conto para que eles así vaian prestando máis atención e ó mesmo tempo vaian facendo unha idea do que lles ía contando. Ao rematar fíxenlles unhas preguntas para comprobar a comprensión do conto.
E finalmente, pareceume unha actividade que busca non só os coñecementos conceptuais, senón unha actividade positiva cara a alimentación saudable, que ademais pode ser divertida e o mesmo tempo saborosa.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario